Sexoloxía
A sexología é unha disciplina de estudo; o seu campo é dar un significado científico a todos aqueles conceptos que teñen que ver coa sexualidade. O que persegue esta disciplina científica é comprender e explicar o feito sexual humano.
O sexo desde a perspectiva sexolóxica é o proceso de cada individuo a través do cal se fai un suxeito sexuado. É un proceso biográfico, individual, continuo e único, a este proceso chamámoslle sexuación.
O sexo é o feito sexual humano, é o que somos, homes e mulleres determinados biográficamente ao longo de toda a nosa vida.
Ética
O noso principio fundamental é non moralizar nin traballar dende o modelo. Cada persoa que acude ó noso asesoramento é para nós o referente; o seu xeito de ser, de pensar, de facer, de sentir, non é cuestionable nin modificable.
Para isto a escoita é o noso principal recurso que nos permite traballar dende o respecto a cada quen, dende o seu peculiar xeito de ser e con esta semente acompañar no cultivo da súa peculiaridade.
Curiosidade
É sen dúbida o noso nutriente, cuestionarnos continuamente, ter esta ansia de aprender, de coñecer e recoñecer.
O día que se nos apague esta fonte pechamos o chiringuito.