![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/1-1.png)
![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/2-1.png)
![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/3-1.png)
![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/4-1.png)
![1](http://amaturi.org/wp-content/uploads/1-1.png)
![2](http://amaturi.org/wp-content/uploads/2-1.png)
![3](http://amaturi.org/wp-content/uploads/3-1.png)
![4](http://amaturi.org/wp-content/uploads/4-1.png)
Traballamos con todo tipo de colectivos, persoas con diversidade cognitiva e sen ela.
Colectivos de mulleres, persoas maiores e tamén con colectivos de profesionais. Para os centros educativos temos programas adaptados a todas as etapas educativas: primaria, secundaria e bacharelato.
O centro da nosa intervención é a idea de que o sexo non é o que fago senón o que son; son suxeito sexuado. Por isto afirmamos que a educación sexual é a educación dos sexos; ten como alicerce a identidade dos suxeitos sexuados, avanza por unha senda onde cada quen poda sentirse e vivirse a gusto como o home e muller que é. Este é para nós o núcleo central.
Educamos, dende as ideas e non dende a regulación moral das condutas, educamos dende a individualidade, non dende o modelo nin a norma.
![](https://amaturi.org/wp-content/uploads/educacion-sexual-02.jpg)
A educación sexual é unha ferramenta a prol do coñecemento do feito sexual humano. Proporciona ao alumando recursos que facilitan coñecementos e o entendemento do proceso de construción continua que é a a ximnasia dos sentidos, da sensibilidade.
A nosa actitude é de cultivo onde cada suxeito teña o marco de comprensión para o recoñecemento da súa sexualidade, dende a curiosidade e a promoción da individualidade. En fronte temos o aleccionamento e a educación baseada no risco e na problemática; intentamos manternos distanciadas destas liñas.
Educamos no marco sexolóxico, dende as ideas e non dende a regulación moral das condutas, educamos dende a individualidade, non dende o modelo nin a norma. E por último, educamos dende a convivencia dos sexos e non dende a confrontación.