1
2
3
4
1
2
3
4
previous arrow
next arrow

Formación e Apoio ao Desenvolvemento e a Aprendizaxe da Sexualidade

O programa FADAS vai dirxido ós centros de atención ás pesoas con diversidade cognitiva, proporcionamos formación, materiais e acompañamento técnico.

É un programa que deseñamos conxuntamente co equipo do centro respondendo ás súas peticións.

O programa xurde das consultas de moitos profesionais do sector  sobre o xeito de acompañar  a sexualidade nas persoas con discapacidade.

A nosa resposta foi elaborar  programas  de educación sexual adaptados ás súas necesidades de aprendizaxe, continuados no tempo, científicos, metódicos e con obxectivos ben determinados.

Programas educativos en grupo combinados con sesións  individuais, dirixidas tanto a persoas con diversidade cognitiva como ás súas familias.

A seguinte pregunta era a de quén tiña que levar a cabo estes programas.  A nosa  proposta é que a educación en grupo a leven  a cabo os profesionais do centro cunha formación previa por parte de especialistas en educación sexual, estes especialistas tamén achegarán as unidades didácticas adaptadas ás capacidades de aprendizaxe de cada grupo. Con esta formación e estes materiais didácticos os profesionais estarán capacitados para poñer en marcha o programa de centro.

Os dous elementos básicos sobre os que traballamos son: a peculiar sexualidade da persoa con diversidade intelectual e os seus propios sistemas e ritmos de aprendizaxe.

Cómo superar esta “dificultade”?

Si temos en conta que a sexualidade é de por sí peculiar en todas as persoas con e sen discapacidade, a  resposta a esta pregunta é un programa de educación sexual, no que o método educativo estea adaptado  ás necesidades e ás capacidades de aprendizaxe da persoa.

Nesta liña de traballo é fundamental  formarnos adecuadamente para responder ás súas preguntas e para apoialos na aprendizaxe da súa propia construción. É unha cuestión que afecta exclusivamente o método de ensino, e isto ten que ver máis coa capacidade pedagóxica dos profesionais da educación e das familias, que  coa capacidade cognitiva da persoa coas que estamos a traballar.

FASES DE FADAS (PROGRAMA MARCO)

1ª Fase

Deseño do programa específico de centro, xustificación do programa e obxectivos.

2ª Fase

Identificación do equipo de profesionais ao fronte do novo servizo.

3ª Fase

Formación dos profesionais.

>>> Primeiro encontro formativo con todos os profesionais.
>>> Segundo encontro formativo específico cos profesionais directamente implicados no proxecto.

4ª Fase

Identificación dos usuarios e familiares que participarán no primeiro ano.

5ª Fase

Intervención; grupos de formación e intervención individualizada (Itinerarios sexuais e Método de análise diferencial).

6ª Fase

Avaliación; na actualidade estamos traballando en dous  centros de Galicia,), Nuestra Sra. De Chamorro (Ferrol) e San Xerome Emiliani (A Guarda).

Velaquí algúns dos seus testemuños:

Son Feliciano Valcárcel xerente do Centro S. Xerome Emiliani da Guarda. Levo a friorenta de 32 anos neste proxecto de apoio a Persoas con discapacidade do Baixo Miño.

Desde o primeiro momento no que cheguei a S. Xerome engancheime coa visión de que o apoio que ofrecemos ás nosas persoas discapacitadas grandes e belas tiña como referencia o crecemento persoal de cada unha en liberdade de crenzas e valores, orientada á xestión de todo aquilo que sexa do seu interese para o seu benestar absolutamente integral.

É por iso que a sexualidade sempre estivo no centro da nosa intervención e grazas a FADAS puidémolo concretar como un programa que axuda a crecer, a integrar e acompañar a xestión afectivo sexual de nosa/os usuaria/os.

O resultado de todo este traballo é que acompañamos a persoas sas e familias sas que falan e buscan solucións ás súas necesidades afectivo sexuais e ofrecemos á/os traballadora/é materiais de traballo e formación de altísima calidade que lles axudan a sentirse segura/os para acompañar tamén nesta dimensión fundamental da persoa.

Grazas FADAS, grazas Débora!
Feliciano Valcárcel
Xerente do Centro S. Xerome Emiliani da Guarda
Scroll al inicio