![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-1.jpg)
![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-2.jpg)
![](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-3.jpg)
![Invetigacion1.jpeg](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-1.jpg)
![Investigación2.jpeg](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-2.jpg)
![investigacion-amaturi-3](http://amaturi.org/wp-content/uploads/investigacion-amaturi-3.jpg)
Amaturi é un laboratorio de arquitecturas sexuais efémeras, unha sala de espellos na que cada quen poida ollarse e compartir o que observa.
O noso principio fundacional é sinxelo; a cuestión sexual é propia e diversa. Propoñemos aprender a mirarnos ao espello e recoñecernos, a sentirnos coma o que somos: seres sexuais únicos.
Ceibarnos das etiquetas, da presión social que tanto nos condiciona e achegarnos ao noso ser máis íntimo.
A sexualidade é unha cualidade do individuo, sempre particular, en estado cambiante, en proceso de ir sendo.
Podemos probar novas rutas, saírnos do grupo para poder vérmonos no noso propio espello e despois, se queremos, regresar ao colectivo cunha conciencia propia que xurde do autocoñecemento e do respecto á diferencia