1
2
3
4
1
2
3
4
previous arrow
next arrow

Traballamos con todo tipo de colectivos, persoas con diversidade cognitiva e sen ela.

Colectivos de mulleres, persoas maiores e tamén con colectivos de profesionais. Para os centros educativos temos programas adaptados a todas as etapas educativas: primaria, secundaria e bacharelato.

O centro da nosa intervención  é a idea de que  o sexo non é o que fago senón  o que son; son suxeito sexuado. Por isto afirmamos que a educación sexual  é a educación dos sexos;  ten como alicerce a identidade dos suxeitos sexuados, avanza por unha senda onde cada quen poda sentirse e vivirse a gusto como  o home e muller que é. Este é para nós o núcleo central.

Educamos, dende as ideas e non dende a regulación moral das condutas, educamos dende a individualidade, non dende o modelo nin a norma.

A educación sexual é unha  ferramenta a prol do coñecemento do feito sexual humano. Proporciona ao alumando recursos que facilitan  coñecementos e o entendemento do proceso de construción continua que é a a ximnasia dos sentidos, da sensibilidade. 

A nosa actitude é de cultivo onde cada suxeito teña o marco de comprensión para o recoñecemento da súa sexualidade, dende a curiosidade e a promoción da individualidade. En fronte temos o aleccionamento e a educación baseada no risco e na problemática; intentamos manternos distanciadas destas liñas.

Educamos no marco sexolóxico, dende as ideas e non dende a regulación moral das condutas, educamos dende a individualidade, non dende o modelo nin a norma. E por último, educamos dende a convivencia dos sexos e non dende a confrontación.

Scroll al inicio