O asesoramento sexolóxico é un proceso de colaboración breve entre consultante e sexóloga; pola nosa parte proporcionamos coñecemento, ferramentas e estratexias.
Entendemos o asesoramento como un espazo de cultivo e exploración de posibilidades, onde cada quen atope as súas capacidades de resolver os seus desencontros, dificultades ou insatisfaccións.
Somos seres sexuados e dende esta realidade, a realidade sexual, cada quen procura un outro para atoparse, necesitarse, vincularse, gozarse. Todo isto non está exento de dificultades e o mellor xeito de saír desas dificultades é entendernos e recoñecer os conceptos, as ideas que nos enredan.
O noso traballo xira entorno á comprensión destes fenómenos; encontro, necesidade, vínculo, goce.
Dende AMATURI alonxámonos de diagnósticos para achegarnos á mirada propia. Aínda que as persoas pasemos por situacións moi parecidas o xeito de afrontalas é único. Cada persoa concreta, en cada momento concreto, con cada parella concreta.
Todo isto dende a peculiaridade, ou o que é o mesmo para nós, dende a diversidade. Peculiares son os xeitos de vincularse de cada parella, peculiares son tamén os xeitos de desexarse, de gozarse de entenderse e desentenderse.
- Formatos: teléfono, videoconferencia, presencial
- Tarifas e horarios os definimos no momento do contacto.
Ofrecemos un espazo no que atopar as estratexias para o entendemento do peculiar xeito de ser en individual ou en parella.
Asesoramiento individual
Ofrecemos un servizo de asesoramento individual porque ás veces o enredo está con un ou unha mesma, a mirada no propio espello nos devolve dúbidas ou na nosa relación cos outros non atopamos as canles, ou simplemente temos curiosidades.
A partir dos dezaseis anos atendemos a todas as persoas que consideren que precisan un acompañamento sexolóxico, persoas con e sen discapacidade, cada quen coa súa consulta.
Asesoramiento en parella
A relación en parella é un valor cultivable, un espazo onde todo está aberto e onde dous constrúen algo propio, traballamos con unha relación de dous.
No asesoramento en parella, sexóloga e o par, traballan en colaboración na procura do entendemento. Acompañamos a parellas con e sen discapacidade.
O noso traballo xira entorno á comprensión destes fenómenos;
encontro, necesidade, vínculo, goce.
Asesoramiento a familiares
As veces son as familias as que teñen dúbidas sobre a sexualidade dos seus fillos e fillas.
O maior número de consultas que nos chegan son de familias de menores de idade e de persoas con diversidade intelectual.
Nestas sesións tratamos de dar coñecemento sobre a vivencia sexual en cada caso concreto.
Asesoramiento interprofesional
Este tipo de acompañamento consiste en consultas con profesionais de diferentes disciplinas que no transcurso do seu traballo atópanse con casos nos que a peculiar sexualidade do seu cliente non lle permite avanzar no traballo.
Neses casos e con algunhas ideas aportadas dende a sexoloxía os profesionais poden entender mellor a realidade sexuada da persoa coa que traballan.