Invetigacion1.jpeg
Investigación2.jpeg
investigacion-amaturi-3
Invetigacion1.jpeg
Investigación2.jpeg
investigacion-amaturi-3
previous arrow
next arrow

S.E.R. (A vida no centro)

Este proxecto o traballamos conxuntamente con Paula Parga Amado, Terapeuta ocupacional  da entidade Nuestra Sra de Chamorro (Narón).

O alicerce é a procura do método para conectar desde fóra coa sexualidade da persoa gravemente afectada e poder prestarlle os apoios necesarios para a súa autopercepción e goce da vivencia sexuada.

Para comprender a sexualidade da persoa con gran afectación cognitiva,  hai que baleirar a visión xeral, porque cada persoa mira dende o propio.  Cando a estrutura cognitiva da persoa está gravemente afectada, a comunicación, as aprendizaxes e a autopercepción da sexualidade poden chegar dende o corpo. Partimos da base de que a  afectación cognitiva non desactiva a súa dimensión sexuada.

Outros principios sobre os que estamos a traballar nesta investigación son: a información e a educación sexual adaptada, a preservación da intimidade, a consideración e respecto cara ao corpo da persoa, a autonomía, o apoio á expresión da súa identidade e orientación sexual,  a consideración como adultos descartando intervencións que fomenten a menorización da persoa adulta.

A través do proxecto S.E.R. perseguirase que cada persoa con gran afectación cognitiva decida sobre a súa sexualidade como parte do seu proxecto de vida, a través das oportunidades e apoios adecuados.

Scroll al inicio