Programa FADAS

O PROGRAMA FADAS IMPLEMENTA A TERAPIA SEXUAL NOS CENTROS MEDIANTE UNHA PEDAGOXÍA CONXUNTA

En FADAS ofrecemos ferramentas a prol da integración social, recursos que faciliten a ximnasia dos sentidos, das emocións, da sensibilidade. O noso programa tenta desencadear unha reacción centrífuga: dende o núcleo (a persoa) cara a fóra (o entorno). Unha reacción baseada na toma de conciencia, na procura de recursos para peneirar e distinguir o verdadeiro, o importante, do refugallo.

FADAS é a aprendizaxe da ollada, dunha ollada limpa de ruídos e complexos que nos deixe vernos coma o que somos: seres sexuados capaces de sentir, de discernir, de disfrutar. Seres libres, responsablemente libres.

A nosa pedagoxía é tamén centrípeta. En FADAS non esquecemos centrarnos na periferia. Só así podemos formar e capacitar ás pezas que constitúen o ecosistema emocional, a familia da persoa con diversidade funcional. A nosa liña é orgánica e implica tamén ao contexto formativo: @s profesionais dos centros educativos. Con todos eles lévase a cabo unha intervención terapéutica. De todos eles é preciso o apoio e o compromiso, unha participación activa que favoreza o éxito do noso proxecto.

Podemos vernos capaces nos ollos dos demais, na súa confianza. Mais de nada serve que nos vexamos capaces, se os demais non nos ven así , non nos saben ver así ou, o que é peor, non nos queren ver así. Tal e como somos: seres iguais, ou sexa, únicos e irrepetíbeis.

 

LOGO FADAS

FASES DO PROGRAMA

1ª Fase. Deseño do programa específico de centro, xustificación do programa e obxetivos.

2ª Fase. Identificación do equipo de profesionais ao fronte do novo servizo.

3ª Fase. Formación dos profesionais.

Primeiro encontro formativo con todos os profesionais.

Segundo encontro formativo específico cos profesionais directamente implicados no proxecto

4ª Fase. Identificación dos usuarios e familiares que participarán no primeiro ano.

5ª Fase. Intervención; grupos de formación e intervención individualizada (Itinerarios sexuais e Método de análise diferencial).

6ª Fase. Avaliación.

Na actualidade estamos traballando con catro centros de Galicia, ACEESCA (Porriño), ASPABER (Carballo), Nuestra Sra. De Chamorro (Ferrol) e San Xerome Emiliani (A Guarda).

Velaquí algúns dos seus testemuños: