Unha parte importante do noso traballo apoiase no audiovisual. Sacamos varios rendementos na elaboración dos vídeos; difusión de programas, recurso pedagóxico en aula, e tamén como terapia. Estes vídeos terapéuticos non os compartimos en un espazo tan público como este, se difunden co permiso dos seus protagonistas ante pequenos grupos. A pantalla se convirte nunha xanela ás experiencias e aos progresos na vida das persoas que xenerosamente comparten con nós estos avances.
ESPELLOS
Este documental artéllase en función de dúas finalidades: por unha banda servir como soporte pedagóxico para todas aquelas persoas ou colectivos do eido educativo que queiran usalo no seu propio contexto profesional e por outra como medio de investigación, difusión e comunicación dunha temática central no desenvolvemento das persoas á disposición do público en xeral.
Para atinxir as devanditas metas entendemos que unha das mellores formas de conseguilo é escoitando a voz, as palabras, os sentimentos e os afectos das persoas, como xeito de abrírmonos e descubrirmos as diferentes identidades que cada quen posúe e poñelo abertamente en contraposición coas identidades que a sociedade nos asigna, categorizándonos e polo tanto limitándonos nas nosas posibilidades reais de evolución e madurez.
O SEXO SENTIDO
Gravamos o Sexo sentido no ano 2009, o grupo de educación sexual do San Xerome Emiliani de A Guarda recolleu as súas experiencias sobre a formación sexual e a súa vivencia e a compartiu primeiro na curta documental e despois persoalmente na presentación da curta en varios centros de persoas con diversidade cognitiva a través de encontros de visionado e transacción de experiencias.
STALKER
A curta documental relata un programa levado a cabo en un centro terapéutico de menores en Vilgarcía de Arousa. Utilizamos o RAP como vehículo conductor para atopar as emocións e poder proxectalas ao exterior.
XEROCK
De novo a música e de novo o centro San Xerome Emiliani nos contan a súa historia dun grupo de Rock que utiliza a música para contactar e contaxiar ao seu público nas realidades diversas, o ritmo, o arte non ten en conta os coeficientes intelectuais, tampouco a capacidade emocional está ligada a ningún test cognitivo.