Materiais pedagóxicos

Unha das principales líneas de investigación de AMATURI xira entorno a cómo incorporar certos elementos de creatividade no noso traballo como educadores/as. En moitas ocasións durante o desenvolvemento da nosa actividade xurde o conflito interno cando nos damos conta de que o que estamos facendo pode resultar co tempo, reiterado, con certas limitacións e incluso aburrido. O que plantexamos é a posibilidade de que podamos investigar noutras estratexias que nos axuden a inventar respostas diferentes fronte ós retos educativos de sempre.

Para materializar as nosas ideas pedagóxicas temos a colaboración da Asociación socieducativa e cultural Paspallás donde Begoña Paz e o seu equipo elaboran gran parte dos nosos materiais, elas son as encargadas de materializar as nosas ideas.

 

20160923_102314

O QUEBRACABEZAS DA SEXUALIDADE

Esta metodoloxía axúdanos a transmitir a importancia de coñecer as distintas pezas que constrúen a nosa sexualidade. O espello que está na parte trasera do puzle nos apoia na idea de presentar a sexualidade como algo único, con pezas similares nas diferentes persoas pero a construcción final é propia do individuo.

 

materiais pedagoxicos 10

VÍNCULOS AMOROSOS

É a nosa aproximación á reflexión sobre o amor. Inicialmente revisamos o amor saudable, os elementos que constituén o vínculo amoroso. A medida que aparecen os globos negros nos damos conta de que hai situación e emocións que contaminan o vínculo e o fan enfermar. Reforzamos a necesidade de saber distinguir os elementos que transforman e enferman o amor que en moitos casos levan á violencia de xénero, xa que esta se da sempre dentro do que nalgún momento foi un vínculo amoroso. Ao rematar repasamos as portas de saída de un amor enfermo.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

MANEXO EMOCIONAL

Saber identificar as emocións básicas nos demais e en nós mesmas é a primeira lección da intelixencia emocional. A segunda e saber distinguir o proceso emocional: Situación, emoción, reacción, pensamento irracional e reinterpretación racional. Para eso utilizamos os emoticonos e partimos das emocións básicas: alegría, tristeza, enfado, medo, sorpresa, adversión.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

SEXUALITI

Metodoloxía de diagnóstico de coñecementos xerais sobre sexualidade. Tamén a podemos utilizar como avaliación final. Moi solicitada en grupos de xóvenes, aínda que os que non son tan xóvenes tamén disfrutan con ela, so temos que incrementar a dificultades das preguntas e das “probas”.