Manexo emocional

A intelixencia emocional é a capacidade de recoñecer e regular as emocións, de saber tranquilizarse e controlar a expresión aberta dos sentimentos sen perder a naturalidade e a espontaneidade. Non queremos “caer no erro” de pensar que estamos falando de reprimir as respostas emocionais nin de ocultar os sentimentos, isto a parte de imposible sería bastante frustrante para o individuo.

O que plantexamos é que a persoa con boa intelixencia emocional sabe expresarse no momento oportuno, de forma axeitada e coa intensidade que convén en cada situación. Unha persoa que ten ben traballado o seu desenvolvemento emocional responde de xeito mais positivo ante o conflito, aumenta a súa asertividade e diminúe o comportamento hostil ou violento.

A educación emocional non pode ser un sistema de adotrinamento, senon a aportación de recursos que abran posibilidades na toma de decisións respecto á propia biografía. O benestar persoal depende en gran medida da satisfacción das necesidades no mesmo senso que a intensidade e a prioridade destas depende de cada un de nós.

Podemos abordar o traballo individual dende a individualidade ou a formación para o traballo grupal, en ambalasdúas é preciso transitar polos seguintes contidos.

 

CONTIDOS

  • O proceso emocional: situación, emoción, reacción e reinterpretación.
  • Identificar os sentimentos.
  • Regulación dos pulos.
  • A empatía, a asertividade e a toma de decisións no proceso emocional.
  • O autoconcepto: conciencia dun mesmo e actitude positiva ante a vida
  • Habilidades emocionais. Identificar os sentimentos. Intensidade .
  • Pensar antes de actuar: controlar o pulo, proceso de toma de decisións.
  • Impresións sensoriais.
  • Funcionamento biolóxico da emoción.
  • Tehoría da interacción recíproca de Roberto Aguado: “A emoción decide e a razón xustifica.

 

METODOLOXÍA

Non hai teoría nas emocións. Todo é ensaio, práctica, erro, aprendizaxe. Aprenderemos a través da propia consciencia, a atención continua ós propios estados internos, a conciencia autorreflexiva na que a mente se ocupa de observar e investigar. A nosa base metodolóxica será a propia experiencia emocional de cada participante.

Dende AMATURI levamos a cabo programas de manexo emocional con todas as idades e con todo tipo de grupos.

Coñece o noso proxecto SENSO.