
En AMATURI levamos moitos anos traballando con persoas con diversidade cognitiva e funcional, mulleres, xuventude e outros colectivos. Non sabemos canto teremos ensinado pero si sabemos canto temos aprendido. O noso método é froito dunha longa experiencia, do noso encontro co/a outr@. Somos un laboratorio de arquitecturas sexuais efémeras, unha sala de espellos na que cada quen poida ollarse e compartir o que observa, sempre dende o persoal; porque cada un/ha de nós, vive, recoñece, goza a sexualidade dende o propio, o único e o diferente.
Accións
NÓS
Eu son Débora Baz Rodríguez (Debo), levo mais de vinte anos traballando como educadora sexual recollendo aprendizaxes en cada espazo formativo. A miña profesión me define, determina e condiciona, recoñezo que nalgúns momentos gostaría que a carga emocional non fora tan intensa, pero cando traballamos a cuestión sexual nos achegamos dende o íntimo e o íntimo é emocional.